un mundo de dificultades
Ata no máis doado pode atopar un mundo de dificultades un espíritu feble. Nada máis comezar a encher de palabras este diario quero facer campaña por unha estupidez como outra calquera colgando desta paxina unha bandeiroliña, pero a miña incapacidade cibernética acaba por vencerme. Nin bandeiroliña nin desafío superado. Hai días nos que o preferible é descansar plena e conscientemente e deixar de lado para sempre (ou ata mañá) o anceio secreto de me converter nun devanceiro de tomo e lomo.
Ademáis, sendo serios, nunca o conseguirei usando frases tan castelás como "de tomo e lomo". Acepto suxestións galeguizadas que vaian máis aló da socorrida traducción directa: "coma a copa dun piñeiro", por exemplo, é das que non vale.
¡Herbert, irmán, acúdeme! (pero non para o da frase feita, espero algo máis de ti).
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home