erik caChuzo, polivalente artista circense e literario de nacionalidade checa e pasado porcino, -que coñeceu a Kafka e todo- abre o seu weblog para emitir opinións e gañar moitos cartos -erik caChuzo ten unha acusada tendencia a buscar xeitos fallidos de obter ingresos económicos-. Este caderno non destacará precisamente polo estilo directo e/ou conciso. O obxectivo vital do caChuzo é chegar a devanceiro, conselleiro, ou artista ricamente subvencionado.

29.12.05

as cores do mundo cun euro no peto.



Cun euro no peto o mundo cambia de cores, a cidade ós meus pés vólvese un debuxo potochopado por un afeccionado con ínfulas AntonioLópezeras. Un mendiño, un vagamundos, un esmolante, convírtese nun home poderoso porque marcha dos sitios sen pagar aínda que puidera -hoxe ten cartos para facelo e xa bebeu cen cervexas en cen bares, entrou en tres películas a cada cal máis peor, e fuxiu tan rápido como as pernas lle deron dunha obra de teatro (profesional madrileño, ¡qué horror!), ¡e aínda conserva o seu tesouro!-.

Ese home de apoucado espíritu polo común, convírtese nun pequeno Botín -habería que dicir nun pequeno Gayoso ou Condeso de Fenoso ou un... ¿como se chama o mandamáis dA Nosa Caixa?-, por gracia dun achádego que semellara mal agoiro nunha ruela escura.

Para explicar moi ben como me sinto cun euro no peto, plaxio con descaro as fotos do blog ligado ó título deste fío -blog de manifesta sensibilidade e esplendorosa beleza (ver ligazón do título, logo de ler este novo tocho, para saber a quen plaxio)-, recomendo cantar polo baixo algunha canción setentera de Cánovas, Rodrigo, Adolfo e Guzmán -aquela de "Sólo pienso en ti" é perfecta adicada ó meu amado euro-, e recito de memoria o que di Francisco Pino, poeta dos grandes e polo tanto esquecido:

ANTISALMO 35

1. Después de beber
dos vasos

2. de Cigales, el dios Marte me parece
un pato

3. y Napoleón un cusco.
Les llamo.

4. Los dos me lamen
las manos.

5. Y ¿qué pasa con el mar que se ha puesto
debajo de mis zapatos?

6. La luna está arriba,
debajo.

Añado al versículo 2º del Antisalmo 35

Ay, Cigales, qué bien domesticas a todo. Pasa, dices y pasa. Entra, y entra. Mandas al mundo: Pliégate, y se pliega. Ordenas a la tierra: Árate sola, y se ara. Lo malo es que esto que es verdad no sea la verdad para los abstemios.



(Sinto terme referido a tres artistas castellanos, pero en cen bares coa tele prendida a maioría das cousas que un escoita veñen dese país viciño que tanta información nos traslada para o noso ben, para que abundemos na libertade e na nosa identidade propia, no espíritu democrático talantoso e no constitucionalismo máxico)

¡Un euro, un euro! ¡A dirección de Rosvita por ter dous!

PD: (Aínda que xa se sabe: Ter un euro e conseguir dous é imposible. Ter mil millóns e conseguir dous mil é inevitable. Adxunto foto do euro).


tema para outro blog: canon blogueiro

Por unha vez serei breve, pero non vale afacerse.

¿Cómo é que narramos nun blog? ¿Qué fai un seudo-sesudo-literato entregado a esta palla cando descubre que as referencias narrativas habituais están perdidas, quedaron atrás -ou mellor dito, diante... ¡en fin!, que non se deron e por tanto non se leron, ou se deron pero non se viron? ¿A quen lle importa isto? ¿Algún estudo filolóxico ó respecto? Que o liguen aquí mesmo, eu non penso lelo.

No título vai un enlace interesante, pero non é o que busco. Agradécese información, pero non penso consultala.