erik caChuzo, polivalente artista circense e literario de nacionalidade checa e pasado porcino, -que coñeceu a Kafka e todo- abre o seu weblog para emitir opinións e gañar moitos cartos -erik caChuzo ten unha acusada tendencia a buscar xeitos fallidos de obter ingresos económicos-. Este caderno non destacará precisamente polo estilo directo e/ou conciso. O obxectivo vital do caChuzo é chegar a devanceiro, conselleiro, ou artista ricamente subvencionado.

7.4.06

¡¡¡Aparición!!!

¡Por fin, meu amigo! ¿Pero para que aquí, no sinistro blogomillo? ¿Por que non fuxir de volta máis alá dos nosos amados Montes Metálicos e reinventarnos apostólicamente no país dicindo que somos de fóra? Se cadra alí é como aquí, e agora que fracasamos con estrépito no estranxeiro, podemos permitirnos un fracaso apoteósico nos nosos vales inundados polas chuvias e mailas neves derritidas pola calor hormonal da primavera.

Fuxamos, amigo Herb, fodamos, nunca é tarde se alguén se deixa (por exemplo, ti).

Ailoyu. Tiamo. Forever, coma sempre.