¡Liberdade!
Mándame o caravelete nun comentario do post previo ó veterinario ou albeite por comer mazás. ¿Ó veterinario? ¡Quen me dera poder ir e quen mas dera, as mazás!
...---...
¡Ceibádeme desta prisión na que fun internado por dicir que si á fuxida de Paco ó Vaticano!
...---...
¡Ceibádeme para que poda demostrar que o porco sen Paco non e pouco pero pouco é Paco sen porco! (Como vedes, estes días, desde que me confesou a súa covarde marcha, hai un lixeiro desencontro entre Paco i eu, desencontro do que disfruto nas dependencias da Moi noble e moi leal perreira, etc.)
...---...
¿É que ninguén vai iniciar unha recollida de firmas en prol da miña liberdade?
...---...
2 Comments:
a súa liberdade, señor caChuzo, é a liberdade das razas: nejros, blancos e cochiños collidiños das mans... coma se de un anuncio de benetton (neste caso porcotton) se tratase.
eu firmo, carallo, que por min non ha de quedar.
10.3.06
Tanto tempo censurado, e agora isto, facendo sempre o primo...
28.9.06
Publicar un comentario
<< Home