erik caChuzo, polivalente artista circense e literario de nacionalidade checa e pasado porcino, -que coñeceu a Kafka e todo- abre o seu weblog para emitir opinións e gañar moitos cartos -erik caChuzo ten unha acusada tendencia a buscar xeitos fallidos de obter ingresos económicos-. Este caderno non destacará precisamente polo estilo directo e/ou conciso. O obxectivo vital do caChuzo é chegar a devanceiro, conselleiro, ou artista ricamente subvencionado.

25.12.05

erik cachuzo: mentiras e medias mentiras

Se un busca o meu nome no gúguel, "erik cachuzo", -hai que ter tempo libre e moito sopor- só atopará páxinas nas que se treizoa o meu nome e a miña traxectoria artística, empezando por un catálogo de dramaturgos (é coma un folleto do carrefur pero sen prezos nin fotos, un aburrimento insafable) no que se me relaciona cun nome co que non teño nada que ver agás negocios pasados que non saíron moi alá. A falla de xustiza neste país, neste continente e no mundo en xeral, tentarei ila facendo nesta páxina.

Para empezar, "Kourr" foi un espectáculo deseñado en compañía do meu amado Herbert Bonn alá polos anos da incomprensión na nosa amada Praga. Unha delicia imaxinativa digna de caracteres dramáticamente enfrontados á cambiante realidade que os distraía do seu xenial designio literario: ser devanceiros. Daquel texto fixeron unha versión dous mozos galegos de intencións que aínda non comprendo. Así falei daquela versión -"fume", titulábase- cando me preguntaron:

O noso texto era unha ópera no proxecto inicial. Todo estaba ultimado, incluso o presuposto. Iamos facernos de ouro. Pero estes incautos que dirixen o espectáculo decidiron que preferían algo íntimo. As voces en off son o recurso máis cutre que se lles puido ocurrir para perpetuar o espíritu do texto nesta evidente desvirtuación dun clásico. Deturparon a sintaxis, reduciron drásticamente o número de personaxes, cambiaron o lugar onde se desenvolve a trama... prefiro non falar do tema. Herbert e eu, como clásicos inadaptados que somos, seguimos na indixencia, como Cervantes, como Pessoa, como Kafka, como Deus. Si, home, si, Deus é pobre. ¡Outra cervexa, porfi!

Declaracións de Erik Cachuzo ó Doutor Darius Vilanova en Hac Luce Cachum Potentiae,
revista universitaria adicada ás novas tecnoloxías.


Seguirei falando doutros textos meus e doutras treizóns alleas. Alá vai un resumo:

- "Nunca durmo, de erik cachuzo" -titulada logo "Insomnio"; a tendencia á traducción enganosa no país galego é moi acusada, e eu deixei que os mesmos incautos perpetraran esta nova violación dos meus escritos...

- "Trafic, arroz mubi" Esta ultraxe xa foi obra doutros desgraciados que se facían chamar Patatín e Patatán Superproductions. Con ese nome non sei como aceptei o seu diñeiro.

¿É que nunca vai rematar o sofremento e a dor dos artistas totais que ven como a súa obra é violada por tódolos conductos a mans de malintencionados -ou non- buscadores da ruína allea?

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¡Vaya po dio! Pobre Erik. ¿Quén ves sendo en realidade? Desenmascara o teu rostro dunha vez se eres porco de verdade.

26.12.05

 
Blogger erik cachuzo said...

Hai quen sabe máis do que debe, usuario anónimo.

26.12.05

 
Anonymous Anónimo said...

Eu fun quen de cruzarme co fulano en cuestión, o tal Erik Cachuzo... e garanto que é moito mellor que non ensine o seu rostro. É o do mesmo demo.

27.12.05

 

Publicar un comentario

<< Home