¡vello imbécil!
Alá polas catro da mañá escoitei un estrondo no salón da miña casa (chámolle así a tódolos contedores de lixo que utilizo na miña vagancia e volta polo mundo adiante).
Primeiro pensei que sería un noxento pordiosero entregado a disputarme o usufructo da propiedade pública en que repousaba. Acertei de cheo, pero ademais resultou ser unha sorte de home anuncio de refrescos decrépito e desastrado -unhas longas barbas brancas, unha tez suorenta, un cheiro a horas acumuladas de desaseo que quixo atribuír a un traballo continuado ó longo do planeta durante a noite toda-, en fin, un tolo. Golpeeino unha e outra vez, batínlle con saña gorentando a miña superioridade física -e intelectual, douno por feito-. Quixo convencerme de que tiña un regalo para min, unhas novas roupas coas que substituír a miña -dixo el- indumentaria desfasada. Batínlle novamente -con máis forza aínda, non soporto que se dubide dos meus canons estéticos-, desaloxeino do contedor e quedei co paquete que decía querer entregarme, ¡malditos roubechas de pouca monta!
Dentro del había uns pantalóns de marca multinacional que na etiqueta recollían en varios idiomas a seguinte afirmación: "mercando esta prenda colaboras con programas específicos adicados á xuventude arredor do mundo". Saín do meu morno cubículo, fíxenme cunha pedra de tamaño medio-grande e peteille ó vello imbécil na cabeza por detrás. "¡Por que non pos tamén a tódolos xoves que jode, vello cabrón!". Non se atreveu a contestarme, ensanguentado e derribado no chan polo meu argumento irrebatible. Volvínme para o útero plástico que me acollía esta noite tirando a pouco fresca e moito húmida e disfrutei da calidade daquelas roupas. Teño que recoñecer que me prestan, son ben cómodas. E quentiñas.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home